Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atopan tres sofás xunto ao cemiterio da parroquia larachesa de Erboedo

Dende o Concello recordan que Aspaber recolle voluminosos a domicilio de xeito gratuíto

A Laracha. O Concello da Laracha lamenta o xurdimento ocasional de vertedoiros incontrolados de voluminosos, como o detectado xunto ao cemiterio da parroquia de Erboedo, onde foron depositados tres sofás. Deste xeito, lembran á cidadanía larachesa que ten á súa disposición de xeito gratuíto a recollida domiciliaria de electrodomésticos, mobles ou calquera outro material de grandes dimensións que se precise desbotar poñéndose en contacto con Aspaber vía telefónica (981971100 e 647763276) ou por correo electrónico (puntolimpolaracha@aspaber.com).

Nos vindeiros días, o Concello adquirirá un camión de carga que será utilizado como punto limpo móbil. Investiranse máis de 58.000 euros co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda ao abeiro da convocatoria de subvencións a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG Núm. 92 do 13 de maio de 2020).

09 dic 2020 / 17:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.