Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atraccións infantís no San Martiño de Carballo ata finais de setembro

Despois de moitos meses sen poder traballar, as atraccións e os postos de venda ambulante retomaron a súa actividade no San Martiño. En principio prevíase que a estancia se limitase ao mes de agosto, pero dada a importancia do sector no municipio e a intención do Concello de Carballo de facilitar o desenvolvemento dunha actividade económica fundamental para moitas familias, “de común acordo co sector apostamos por mantelas ata finais de setembro”, sinalan dende o goberno local.

Lembran que as atraccións deben cumprir tanto as normas municipais coma coas medidas de prevención da COVID que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Dende o Concello de Carballo tamén se tomaron medidas con respecto ao horario de apertura, que será como máximo de 10.00 a 21.00 horas, e non se permitirá música ambiental nin aparatos emisores de sons molestos para a veciñanza.

31 ago 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.