Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Augas de calidade “excelente” nas praias de Area Maior e Seiruga de Malpica

As zonas de baño das praias de Area Maior e Seiruga reciben, un ano máis, a máxima cualificación sanitaria a partir das análises que realiza a Consellería de Sanidade. A calidade das augas dos dous areais é de novo “excelente” de acordo aos criterios microbiolóxicos destes estudos.

Co obxectivo de detectar de forma anticipada a presenza de vertidos ou microorganismos que poden ser nocivos para a saúde humana, como as bacterias E. coli ou enterococo intestinal, persoal da Administración autonómica toma mostraxes nestas áreas. Os niveis mínimos destes microorganismos mantéñense nos últimos anos.

As zonas de baño incluídas no censo autonómico defínense como calquera elemento de augas superficiais onde está previsto que poidan bañarse un número importante de persoas ou exista unha actividade próxima relacionada directamente co baño.

02 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.