Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Autorizan a reforma da subestación eléctrica do lugar de Quintáns

O goberno carballés adxudicou tamén o contrato de roza das estradas municipais

Carballo. A xunta de goberno local de Carballo aprobou varias licenzas de obra, entre elas a de reforma da subestación eléctrica de Unión Fenosa Distribución S.A. situada no lugar de Quintáns.

A empresa eléctrica realizará un investimento de 1.935.590 euros co obxectivo de pasar do esquema actual de barra simple ao de dobre barra, mediante blindaxe do parque de 66Kv, con celas tipo GIS que irán aloxadas no interior dun edificio de nova construción.

Na primeira xuntanza do ano, o goberno carballés tambén aprobou a adxudicación do contrato de roza das vías municipais á empresa Jardincelas S.L., que ofrece unha porcentaxe de redución sobre os prezos unitarios máximos do 16,06 %.

En materia de contratación tamén se declarou deserto o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa Tarragona, incluídas no POS+2020, por non haber ningún licitador.

ITV. Por outra banda, o Concello informa que unha unidade móbil da inspección técnica de turismos estará en Carballo do 12 ao 14 de xaneiro. A estación situarase no seu emprazamento habitual do polígono industrial de Bértoa, de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas (días 12 e 13) e de 09.00 a 13.30 horas o último día. MANUEL LAVANDEIRA

05 ene 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.