Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Avances nas expropiacións para as dúas novas sendas peonís de Laxe

Laxe. A Xunta publicou este martes no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria, para marzo e maio, dos actos expropiatorios para a construción das sendas de Soesto e de Serantes, na antiga traza da estrada autonómica AC- 433, en Laxe.

Esta intervención suporá un investimento autonómico de 334.000 euros, nos que se inclúe o pagamento dos 19 predios necesarios para levar a cabo esta actuación, cuxo obxectivo é facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos. As obras foron licitadas no mes de xaneiro e o obxectivo é comezar os traballos na primavera, cun prazo de execución de 8 meses. Haberá que cumprir o protocolo de prevención de covid.

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 7 de marzo, das 10.30 ás 12.15 horas, na Casa do Concello de Laxe. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 23 de maio, tamén na mesma hora e lugar.

As obras proxectadas polo departamento que dirixe Ethel Vázquez consisten na execución de algo máis de 1,3 quilómetros de sendas ao longo da estrada AC-433, cun ancho que oscilará entre os 1,50 e os 2 metros. m. lavandeira

23 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.