Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axudas para 65 microempresas e autónomos de Malpica

BERGANTIÑOS. O Concello de Malpica emitiu a resolución definitiva das axudas do programa PEL-Reactiva, por un valor total de 116.000 euros, que recibirán 65 autónomos e pequenas empresas do municipio. As persoas e entidades beneficiarias recibirán contías que oscilan entre os 1.500, 2.000, 2.500 e 3.000 euros. O obxectivo básico desta medida é sufragar os seus gastos máis inmediatos antes as restricións e consecuencias da pandemia que en moitos casos obrigaron ao cese da súa actividade. Terán de prazo ata o 31 de marzo para xustificar os gastos a financiar. Entre estes está a compra de material antiséptico ou desinfectante; os arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; a adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID; seguros de responsabilidade civil ou de accidentes e subministración de auga, gas, combustibles e electricidade.

Desde o goberno local destacaron “a importancia deste tipo de axudas para promover a reactivación do tecido empresarial de Malpica logo do enorme esforzo que supuxo para moitos negocios ter que suspender a súa actividade por mor da situación sanitaria”. Neste sentido, agradeceron a colaboración “tanto da veciñanza como das persoas á fronte das empresas, que respectaron as fortes restricións e que están facendo posible que a incidencia do virus no municipio se reduza día a día”.

26 feb 2021 / 19:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.