Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 25 enero 2023
01:53
h

Axudas para a dinamización e promoción económica en Carballo

Carballo. Por segundo ano consecutivo, o Concello carballés a destina 70.000 € á convocatoria de subvencións destinadas a asociacións de empresarios e comerciantes para impulsar accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica.

O prazo de solicitude comezou este martes. As entidades dispoñen de 20 días naturais para presentar as súas solicitudes. Tanto as bases coma o impreso están dispoñibles na sección de Convocatorias de www.carballo.gal.

As actividades subvencionables serán as de difusión, promoción e apoio do tecido empresarial local, a formación e as accións de dinamización da actividade económica municipal. Os gastos de carácter xeral da entidade (persoal e gastos correntes) serán subvencionables cando se adscriban á realización da actividade obxecto de subvención co límite máximo do 50% do orzamento total subvencionable, o que deberá quedar suficientemente motivado. Exclúense desta convocatoria os gastos de viaxes, manutención, aloxamento e atención protocolaria e os gastos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria. A subvención por entidade poderá acadar ata o 80% do orzamento total do programa presentado, ata un importe máximo de 30.000 euros.

04 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.