Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Berocasión contará con 14 empresas de automoción

Carballo. O día 29 de xullo pechouse o prazo de inscrición para Berocasión 2022. Este ano, continuando coa tendencia a alza das última edicións, haberá 14 participantes no formato Xornada de portas abertas, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo. Celebrarase durante os días 1, 2,3 e 4 de setembro. A organización recaerá en Axober, en colaboración co Concello de Carballo.

Nas súas exposicións poderanse atopar vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.

Indicar que se fará un importante esforzo na publicidade do evento tanto en redes sociais coma en prensa, radio e TVG.

As empresas participantes son Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault-Dacia; Vehículos Juan Lema; Rebalcars Automóviles; Vilas Rama-Citroen; V-Car- Hyundai; Antamotor-Nissan; JGCar; Corgal Automóviles Kia; Bercauto-Fiat-Alfa Romeo-Jeep; Garvi Automóviles; Grupo Breogán-Toyota; Pensado Motor-Skoda; e Taller Cinco. m.b.

07 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.