Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Berocasión manterá abertas as súas portas ata o domingo en Carballo

Carballo. A décimo sétima edición de Berocasión abriu este xoves as súas portas e, ata o domingo, catorce concesionarios de Carballo ofrecen nos seus establecementos unha ampla gama de vehículos de todas as marcas, modelos e prezos.

Na xornada de apertura xa se pecharon as primeiras ventas e os promotores da feira agardan que, tanto a afluencia de visitantes como o número de transaccións, se incremente na fin de semana.

Nas exposicións pódense atopar dende vehículos Km 0 e seminovos ata industriais, mixtos, de ocasión, nacionais e de importación. Coincidindo cos días da feira ofrecen importantes descontos e condicións especiais de financiamento.

As persoas interesadas só teñen que achegarse a Carballo e visitar os talleres participantes en Berocasión de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas durante os catros días que manterán as portas abertas. M. L.

02 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.