Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Blanca Portillo recolleu en Carballo o Premio do Público do FIOT de 2015

Carballo. A 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) entregou o seu galardón Premio do Público 2015 a Blanca Portillo, que gañou polo espectáculo El testamento de María. O acto tivo lugar tras a función da súa nova obra, titulada Silencio, do dramaturgo Juan Mayorga, no Pazo da Cultura de Carballo.

O Premio do Público é un galardón que, como o seu nome indica, conceden os espectadores do FIOT a través da súa valoración dos espectáculos ao rematar cada unha das funcións do festival.

Celébrase dende hai xa vinte e seis anos e entrégase cando a compañía ou o artista premiado regresa ao festival coa súa nova produción, xa que este regreso é o compromiso que o FIOT adquire co público que vota: traer o vindeiro espectáculo do galardoado ou da galardoada de novo ó escenario de Carballo.

Naquela 24º edición do FIOT participaran no Premio do Público trece espectáculos do programa de sala e do ciclo OTNI, e El testamento de María obtivo unha puntuación de 4,65 sobre 5 puntos, que o converteu no máis votado polos espectadores. d.c.

01 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.