Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Botan abaixo o proxecto de renovación
de luminarias en Ponteceso

Lois García califica a actitude da oposición de “boicot para que non se faga nada”

Ponteceso. Despois de rexeitar o Plan Único da Deputación (algo máis dun millón de euros), o Concello de Ponteceso corre tamén o risco de perder unha subvención de 2,5 millóns de euros que lle foi outorgada polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) ao ser rexeitado o proxecto en pleno, cos votos en contra dos concelleiros do PP e os cinco non adscritos (exsocialistas), e a abstención de APIN. Alegaron que non se axusta á normativa da Lei de Contratos.

O alcalde, Lois García (PSOE, 3 edís), asegura que son “escusas”, pois di que o proxecto conta co visto e prace dos técnicos municipais, con todos os permisos sectoriais e cun informe favorable dos servizos xurídicos da Deputación. Califica de “boicot” a actitude da oposición “porque a súa prioridade é que non se faga nada. Imos de desastre en desastre”.

Tamén foron rexeitadas dúas propostas de recoñecemento extraxudicial de crédito, unha delas de 6.000 € para pagar facturas que non teñen reparo, e outra para as da enerxía eléctrica, “co perigo de que nos corten o subministro”, afirmou o rexedor.

Pola contra, dende o PP acusan ao alcalde de pór “atrancos ás propostas da oposición para que o servizo de atención aos nosos maiores volte a ser público, se baixen os impostos ou se presente unha auditoría externa que permita pagar aos autónomos por orde de chegada das facturas, e deixe de haber autónomos de primeira e de segunda, según se leven mellor ou peor co alcalde”. M. L.

01 jun 2021 / 18:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.