Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabana arranxa o Rego dos Muíños, danado pola borrasca Karim en febreiro

Trátase dunha intervención parcial con fondos municipais // Pretenden facer a maiores unha rehabilitación integral

Cabana. O Concello de Cabana reparará a ruta do Rego dos Muíños tras os estragos causados pola borrasca Karim a finais do mes de febreiro. Os traballos financiaranse con fondos propios ante a necesidade de realizar a acometida o antes posible, e ao non contar con ningún tipo de axuda pública. Dende o consistorio informaron que na reunión que mantivo a subdelegada do Goberno na Coruña con varios Concellos da Costa da Morte para facer unha valoración dos danos causados por Karim, Cabana non foi invitada.

Con todo, esta semana comezaron as obras de arranxo, que inclúen o desatranque de varios regatos, a limpeza das marxes e a reparación do pavimento en varios tramos.

“A ruta do Rego dos Muíños é un traxecto de algo menos de tres quilómetros que discorre entre auga doce e auga salgada e que forma parte do Camiño dos Faros. A súa conservación e posta en valor é fundamental nos plans de promoción etnográfica e paisaxística de Cabana, polo que a reparación de calquera dano no seu entorno resulta fundamental”, informan dende o Concello.

Ademais desta primeira intervención, debaterase no pleno da próxima semana o poder incluír o proxecto de arranxo íntegro da ruta nos plans complementarios da Deputación da Coruña. Con esa idea preténse impulsar definitivamente o traxecto do Rego dos Muíños e aproveitar o pulo crecente do Camiño dos Faros e do sendeirismo.

27 abr 2021 / 15:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.