Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabana asumirá dous treitos antigos do vial entre Ponteceso e Laxe

CABANA. O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Cabana de Bergantiños de dous treitos antigos da estrada autonómica AC-429, que comunica Ponteceso e Laxe. A administración local solicitou a Infraestruturas da Xunta a transferencia da titularidade de dous treitos desta antiga estrada que atravesan o municipio, situados na marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 2+720 e 2+940 e os puntos 6+890 e 7+000. A Consellería de Infraestruturas formula a proposta favorable de transferencia dos citados treitos: o primeiro, duns 156 metros, e o segundo, duns 103 metros, en ambos os dous casos sen funcionalidade dentro da rede autonómica. O Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume tamén a responsabilidade da súa conservación. M. Lavandeira

24 jun 2021 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.