Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabana disporá do esperado solo empresarial en Nantón

Cabana. O Concello de Cabana de Bergantiños contará con 270.882,99 metros cadrados de solo empresarial dentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) da Xunta de Galicia. Trátase dunha modificación no proxecto, que está pendente de aprobación, e que inclúe terreo do municipio que actualmente é de desenvolvemento privado.

O alcalde, José Muíño, destaca a importancia desta medida, “clave”, para “dinamizar a actividade económica industrial do municipio e favorecer a xeración de emprego tanto entre a nosa veciñanza como para toda a contorna”.

O referido plan ten o obxectivo de planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial de carácter supramunicipal que podería acoller actuacións deste tipo. Preténdese así cubrir as necesidades a longo prazo que poida ter o ecosistema económico da contorna.

Foi aprobado inicialmente no 2014 e modificado por primeira vez no 2018. O ente autonómico está agora en trámites para darlle luz verde á segunda reforma. Deste xeito, o proxecto pasará a incluír un total de 121 parques empresariais e unha superficie máxima de 47 millóns de metros cadrados en toda Galicia. M. L.

07 jul 2021 / 19:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.