Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabana entregou os premios do seu Entroido virtual

O Concello de Cabana de Bergantiños fixo entrega esta tarde dos premios aos gañadores e gañadoras dos seus tres concursos telemáticos de Entroido, Crea un meco e Xogando a ser outr@s na súa modalidade individual e na de conviventes.

Así, representantes do goberno local repartiron tres tabletas da marca Lenovo entre as persoas vencedoras dos certames, que nesta edición tan atípica da festividade foron todo un éxito de participación. Recibiron os premios Ainara Devesa Gómez, como gañadora no concurso de disfraces individual; Os Rolling en Cabana, Felipe, María, Nicolás e Bruno Gómez Mourelle, como a mellor comparsa de conviventes; e Os mecos do Baladiño, de Puri Rivera Pose.

Desde o departamento de Cultura amosaron a súa satisfacción co comportamento e vontade de todas as persoas que enviaron as súas fotos e vídeos durante o transcurso dos concursos”. “De non ser pola paixón e alegría que transmitiron cos seus disfraces e mecos e que fomos compartindo nas redes sociais do Concello, este Entroido non sería o mesmo”, engadiron.

27 feb 2021 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.