Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cabana mellora varios camiños municipais de acceso a fincas agrarias

Investirán máis de cincuenta e dous mil euros con cargo ás axudas do Plan Marco

Cabana. O Concello de Cabana proxecta a mellora de camiños municipais con acceso a parcelas agrícolas, con actuacións que comprenden a ampliación, mellora e mantemento dos mesmos. Os traballos executaranse en base ás axudas aprobadas no Plan Marco, cun orzamento de 52.228 euros. En total, actuarase en máis de dous quilómetros e medio de viais.

A actividade gandeira do municipio fai que boa parte dos camiños sexan empregados por maquinaria agrícola de todo tipo, que polo seu peso e dimensións provocan danos nas mesmas, e unido isto ás condicións meteorolóxicas adversas fan erosionar o firme e producen danos.

Dende o Concello informan que actuarán nos tramos dos lugares de Río Esmorisa a Barcia; de Baneira cara A Braña e de Baneira a Regoseco. Incrementarán o ancho dos viais, con acabados nos mesmos materiais nos que están construídos actualmente, e coa finalidade de reducir as zonas de curvas e escasa visibilidade, así como permitir o cruce de vehículos, especialmente de camións e maquinaria agrícola pesada.

O alcalde, José Muíño, sinala que “estas intervencións, ademais dunha mellora das vías e camiños municipais, tamén suporán un incremento na seguridade, algo que é prioritario para nós”, incide o rexedor. MANUEL LAVANDEIRA

23 ene 2021 / 12:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.