Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 29 enero 2022
02:10
h

Cabana renovará o alumeado público de dez parroquias

Substituirá as luminarias por outras con tecnoloxía LED // Agardan un aforro dun sesenta e seis por cento

O Concello de Cabana renovará o alumeado público das parroquias de Canduas, Borneiro, Cesullas, O Esto, Cundíns, Silvarredonda, Rioboo, Nantón, Anos e Corcoesto a través dunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O proxecto contará cun orzamento de 946.996,75 euros.

Actuarase en 2.745 dos 3.001 puntos de luz existentes no municipio -xa que os restantes xa foron renovados- substituíndo así as luminarias actuais por outras con tecnoloxía LED, máis eficientes e coas que se conseguirá un aforro estimado dun 66,93 por cento.

O obxectivo prioritario desta actuación é favorecer o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, á vez que se “mellorará a visibilidade en todos os puntos nos que se interveña, xa que a tecnoloxía empregada mellora ás luminarias actuais, conseguindo máis luz con menos potencia”, asegura o alcalde, José Muíño.

Desde o goberno local salientan a “importancia dunha actuación deste calado, que ademais de supoñer un aforro para as arcas municipais incrementará o benestar e a seguridade tanto de peóns como de condutores en todo o termo municipal”, engaden.

07 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.