Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cabeza Quiles publica ‘O segredo dos zapatos’ para o público infantil

Son relatos ilustrados por Mon Lendoiro que incentivan o amor
e o respecto á Terra

Carballo. O escritor afincado en Carballo Fernando Cabeza Quiles vén de publicar o libro de contos infantís O segredo dos zapatos, publicado por Edicións Embora de Ferrol.

Trátase dunha presada de relatos ilustrados polo artista carballés Mon Lendoiro. “Teñen como cortina de fondo a Costa da Morte e a persoalísima comarca de Bergantiños”, afirma Cabeza Quiles. Sen abusar do didactismo, engade, “os contos inciden en incentivar o amor e o respecto á Terra, porque estamos xogando con lume e o lume queima e destrúe”.

O libro tamén invita, aínda que non explicitamente, á xente nova a non practicar o consumo superfluo e ofrécelle a este colectivo, os futuros cidadáns do mundo, a paisaxe, o deporte e a natureza como alternativas de ocio.

No manual, que máis que predicar propón e suxire, cóntanse os contos, pero non se explican, e os seus pequenos protagonistas son nenos e nenas con vida e personalidade propia que non repiten as consignas do actual discurso dominante. O autor manifesta que se sentiría satisfeito se o seu libro “contribuíse a configurar, aínda que fose un chisco, unha sociedade mellor e máis xusta”.

Cabeza Quiles ten publicado varios libros de narrativa infantil e xuvenil e é un destacado ensaista e investigador da toponimia de Galicia. M. L.

05 jul 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.