Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caión inaugura coincidindo co día grande dos Milagres un novo centro comunitario

A Laracha. O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiron o acto de inauguración do Centro Comunitario Costa da Morte de Caión que se desenvolveu coincidindo coa Romaría dos Milagres, o día grande da vila. Tamén participaron a conselleira de Política Social, Fabiola García; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Trala bendición das instalacións a cargo do párroco de Caión, Andrés Trinquete, as autoridades fixeron un percorrido polo novo edificio cunha visita a todas as súas estancias guiada por Santiago González, arquitecto do estudo Naos, e Pedro Rodríguez, responsable da empresa construtora Desarrolla. Na primeira planta sitúanse as que serán as novas oficinas da Confraría de Pescadores de Caión, a biblioteca municipal –trasladada desde a súa anterior ubicación na Insua– e dúas aulas multiusos. Na planta baixa, xunto á entrada principal, está o salón de actos. c.l.

09 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.