Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caión poderá desfrutar da mellor danza contemporánea

A Laracha. Caión será este domingo pola mañá un dos escenarios do proxecto Escora que pon en marcha a Deputación da Coruña en torno á celebración do Día Internacional da Danza e co propósito de visibilizar o traballo das compañías galegas.

A praza Eduardo Vila Fano –en caso de choiva, o centro sociocomunitario da vila– acollerá a partir das doce da mañá dúas actuacións de danza contemporánea: Miña Xoia, de Clara Ferrao, e Alleo, do Colectivo Glovo, que presenta por primeira vez ao público a súa nova peza. Cada actuación terá unha duración aproximada de quince minutos. A xornada rematará cun encontro co público mediado por Marcia Vázquez.

Este será un dos seis eventos do proxecto Escora que se van desenvolver durante esa fin de semana noutros tantos municipios da Costa da Morte, comezando o venres 22 de abril en Fisterra e Muxía, seguindo o sábado en Laxe e Camariñas e concluíndo o domingo en Caión pola mañá e, pola tarde, en Malpica. Os espazos escollidos pola organización xeran a oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais como as praias, prazas, rúas... coa vontade de presentar unha programación de proximidade para públicos diversos. m.b.

20 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.