Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caión prepárase para o día grande da romaría da Virxe dos Milagres

a laracha. A vila mariñeira de Caión vive a súa semana grande con motivo das celebracións na honra da Virxe dos Milagres. Os actos relixiosos comezaron o pasado sábado coa novena, e o domingo, a imaxe foi levada en procesión ata o seu santuario, onde se celebran cada día misas ás 10.00, 11.00, 12.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas.

O xoves, día 8, será o día grande. Haberá misas rezadas nos horarios sinalados e a liturxia solemne comezará ás 13.00 horas. O domingo, día 11, haberá celebracións litúrxicas ás 10.00, 11.00 e 12.00 e 13.30 horas. Despois, a Virxe dos Milagres será levada en procesión ata a igrexa parroquial. Pola tarde haberá tamén misas ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas.

As celebracións lúdicas desenvolveranse entre o 8 e o 11 de setembro, organizadas pola Asociación Peña Royal. As verbenas serán amenizadas por Alkar, Cinema, Disco Móbil Fabrik, La Bamba, LKMZ & Ticciale e o grupo Kalima. M. LAVANDEIRA

06 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.