Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cambio de sentido de dirección na rúa Estrela de Carballo

Esta modificación será permanente // É a primeira actuación que se levará a cabo para reordenar a contorna de Baños Vellos

Carballo. Con motivo do inicio das obras de reurbanización na rúa Perú, dende este luns a rúa Estrela quedou parcialmente pechada ao tráfico e estreou novo sentido de circulación. O cambio de dirección para os vehículos será permanente, sendo un dos primeiros pasos de cara á reordenación da contorna dos Baños Vellos, seguindo as directrices do plan director elaborado para mellorar a mobilidade e a seguridade do lugar. O peche da vía non afecta ás persoas usuarias de garaxes na mesma.

Segundo informan dende o Concello, o cambio de sentido da rúa Estrela ten como finalidade aliviar a presión de vehículos sobre a rúa Vázquez de Parga e Ponte, impedindo dar voltas en torno ao estacionamento da Horta do Casino. A intención é que esta modificación na circulación se acompañe nun futuro dun proxecto de reurbanización como os que se realizarán este ano nas rúas Pontevedra, Ourense e Baños Vellos. A partir destas actuacións, Ourense e Baños Vellos serán peonís. “Deste xeito, ademais de aliviar o tráfico no centro urbano, crearase un espazo agradable e seguro para a veciñanza, abrindo novas oportunidades para as actividades comerciais e hostaleiras”, informan dende o goberno local.

10 mar 2021 / 19:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.