Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campamento urbano na Laracha

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa de actividades de verán, que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos como medio de ofrecerlles a eles alternativas para o aproveitamento do seu tempo libre e, aos seus pais, unha axuda para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral durante as vacacións do verán.

Nesta semana estase a levar a cabo o campamento urbano no que participan medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os tres e os sete anos. Desde o luns e ata o venres realizarán diversas actividades educativas, deportivas e ludo-recreativas nas instalacións do pavillón do IES Agra de Leborís durante toda a mañá, desde as 9.30 ata as 13.30 horas.

O programa do campamento urbano inclúe obradoiros de cociña, papiroflexia, reciclaxe e chapas, ademais de xogos deportivos e tradicionais. O venres será a despedida cunha festa de fin de campamento con inchables. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello visitaron aos participantes nas propias instalacións nas que se realiza o campamento urbano.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.