Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campaña de información e control da actividade forestal no Concello carballés

O obxectivo é poñerlle freo ao actual deterioro da rede viaria polo traballo das madeireiras // O incumprimento das condicións establecidas na ordenanza reguladora supoñerá multas de 750 a 3.000 euros

Carballo. O Concello de Carballo informou de que esta semana se iniciará unha campaña de información, vixilancia e control para así intentar frear o deterioro da rede viaria a consecuencia da actividade das empresas madeireiras.

Como primeira medida enviouse unha carta ás empresas que traballan habitualmente no Concello na cal se resume o protocolo de actuación e se lembra a obriga de respectar a Ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións forestais e similares. Neste sentido, á hora de realizar os traballos de corta e extracción de madeira deben cumprirse unha serie de requisitos como: realizar unha comunicación previa dos traballos de tala –polo menos con 8 días hábiles de antelación–; unha fianza por importe de 3.000 euros a favor do Concello para responder ante posibles danos; non utilizar as vías públicas para almacenar madeira e en caso de ser necesario sinalizar correctamente os camiños, así como posteriormente deixalas en bo estado.

“Todas as empresas que queiran traballar no noso concello deberán cumprir este protocolo. No caso de non facelo, os labores de tala serán paralizados e aplicaranse as sancións correspondentes, que van dende os 750 euros ata un máximo de 3.000 euros”, informan dende o consistorio. Por outra banda, o goberno local solicita a colaboración veciñal para que, no caso de detectar algunha irregularidade no desenvolvemento da actividade forestal, se comunique o antes posible á Policía Local.

22 feb 2021 / 10:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.