Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campaña de Protección Civil de Ponteceso para recoller lixo mariño e eliminar vertidos

O alcalde, Lois García, agradece a súa iniciativa e lembra que o Concello dispón dun punto limpo en Tella e de servizo de recollida a domicilio de refugallos domésticos

A agrupación de Protección Civil de Ponteceso está a desenvolver este mes de xaneiro unha campaña de retirada de lixo mariño (redes, plásticos e todo tipo de residuos) na zona costeira do municipio e eliminando varios puntos de vertidos incontrolados detectados en diversos espazos.

O alcalde, Xosé Lois García Carballido, agradece a iniciativa dos voluntarios e tamén o seu traballo “que foi esencial nos días de temporal, retirando numerosas árbores e resolvendo outras incidencias por todo o concello”.

Lembra ademais que Ponteceso dispón dun punto limpo en Tella, “e pido a todos os veciños que se ven algunha irregularidade que avisen para emendar calquera incidencia”.

O horario de avisos para recollida a domicilio é de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres e basta con chamar ao 981 718 253. Pola súa banda, o punto limpo está aberto de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas e os xoves e venres tamén polas tardes, de 15.00 a 18.00 horas.

20 ene 2023 / 10:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.