Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campaña para a doazón de órganos

As mensaxes que se poden ver estes días nas redes sociais de Alcer forman parte dunha campaña anual promovida pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, coa colaboración do Concello de Carballo, “para fomentar a conciencia social e o compromiso en relación ao coidado da saúde renal e a doazón de órganos”. Esta é unha acción máis do proxecto Alcer 7 vidas, que, por un lado, trata de informar á poboación e promocionar a doazón de órganos e fomentar hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal, e, por outro, ofrece aos veciños e veciñas con enfermidade renal crónica a orientación que precisen sobre os recursos que lles pode proporcionar Alcer Coruña.

As actividades desenvólvense ao longo de todo o ano. No mes de marzo leváronse a cabo no IES Isidro Parga Pondal cinco obradoiros nos que participaron 118 alumnas e alumnos de 1º da ESO, en xuño instalouse na feira a primeira das dúas mesas informativas programadas para este 2021, e nestes momentos estase a desenvolver unha acción de difusión sobre a saúde renal e a doazón de órganos a través de Internet.

Dende Alcer tamén se está a prestar apoio ás persoas con enfermidade renal crónica a través “dos seguimentos, de maneira presencial ou telefónica, establecendo a oportuna coordinación e/ou derivación cos Servizos Sociais do Concello de Carballo cando as características da intervención así o requiran”, segundo explican. Así mesmo, a campaña Alcer 7 vidas permite que carballesas e carballeses con enfermidade renal crónica participen nas actividades de promoción da doazón e dos hábitos de vida saudable que se desenvolven a pé de rúa ou nos centros educativos. O programa conta cunha subvención de 1.872,5 euros.

17 ago 2021 / 18:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.