Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campaña para incentivar a reciclaxe dos aceites entre os laracheses

No campo da feira de Paiosaco terá lugar o mércores e entregarán embudes de balde

A Laracha. Este mércores entre as 10.30 e as 13.30 horas no campo da feira de Paiosaco situarase un stand no que se informará sobre a campaña de reciclado de aceites domésticos que impulsa o Concello da Laracha. Ademais repartirán embudes de balde entre a cidadanía para facilitar a separación do aceite para o posterior tratamento.

Ao longo do mes de setembro realizaranse iniciativas de similares nos núcleos da Laracha (día 8 na Praza do Concello e día 22 xunto ao centro médico) e en Caión (día 15). No desenvolvemento desta campaña o Concello conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Ministerio de Transición Ecolóxica a través das axudas dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA) e do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Esta acción informativa lévase a cabo despois de poñer a disposición da cidadanía un total de doce colectores para o depósito de aceite doméstico, de cor laranxa e facilmente identificables, que foron instalados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha (Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico, así como na estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre), Paiosaco (campo da feira) e Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua), e tamén na urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño).

O obxectivo desta iniciativa é facilitar a cidadanía un modo ecolóxico de desfacerse do aceite vexetal de cociña unha vez usado, xa que se trata dun material especialmente contaminante para a auga, que dificulta en gran medida o proceso de depuración e que, por tanto, non debe botarse polos desaugadoiros da cocina nin polos inodoros para evitar que cheguen á rede de sumidoiros. O aceite debe depositarse nos contedores en botellas de plástico ben pechadas.

30 ago 2021 / 19:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.