Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo acollerá unhas xornadas sobre a masiva implantación de parques eólicos

Serán os días 8 e 15 de maio na Praza do Concello // Están promovidas pola Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, Salvemos Os Penedos e Adecom

A Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, que aglutina varios colectivos e asociacións da comarca e arredores, xunto coa Plataforma Salvemos Os Penedos e Adecom, organizará unhas xornadas informativas sobre o complexo eólico en Bergantiños e Costa da Morte. O obxectivo é promover un encontro coas persoas interesadas en participar alegando e que o público en xeral expoña as problemáticas de todos os proxectos da comarca facendo especial énfase nos catro macroparques tramitados polo Ministerio de Transición Ecolóxica: Orzar, Tornado, Berdoias e Pedrabante.

As xornadas celebraránse os días 8 e 15 de maio na Praza do Concello de Carballo, de 17.00 a 19.00 horas. Farán unha presentación global da problemática a nivel comarcal así como das implicacións da implantación masiva de estacións eólicas, como o perxuízo sobre o benestar da poboación, a diferenciación na tramitación dos parques estatais, a afectación á paisaxe e ao patrimonio, as problemáticas nas repotenciacións, a degradación do medio ambiente ou a fragmentación fraudulenta.

Haberá quendas de intervencións asumidas por representantes de colectivos afectados para que poidan falar sobre cada unha das problemáticas sinaladas previamente, e cada plataforma disporá de modelos de alegacións para recoller sinaturas e resolver dúbidas.

Lembran que as estacións eólicas proxectadas afectan ás seguientes poboacións: Corme (repotenciación do parque G-3), Laxe, Vimianzo, Corcoesto, Coristanco, Santa Comba, Bustelo, Campelo, Toural, Ozar, Tomado, Berdoias, Pedrabante e As Salgueiras.

06 may 2021 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.