Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo acolleu o Encontro da Economía Alternativa e Solidaria

Celebrou a súa quinta edición no Casino 1889

O Casino 1889 de Carballo acolleu este sábado o quinto Encontro da Economía Alternativa e Solidaria no que se afianzou por parte dos participantes o compromiso de crear este ano o Mercado Social Galego, unha rede de produción, distribución e consumo que xa funciona noutras comunidades. O acto acolleu tamén micropresentacións de entidades e dous debates de actualidade.

O encontro foi organizado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), que representa a máis de 800 entidades en diferentes territorios, que levan nos seus principios reguladores a responsabilidade social corporativa, o coidado dos dereitos humanos sociais e laborais, a sostibilidade ambiental e o compromiso co desenvolvemento local.

19 sep 2020 / 21:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.