Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo adxudica as primeiras catro obras do remanente

Supón un investimento de 3,4 millóns e inclúe melloras nas redes da traída e dos sumidoiros

Carballo. A xunta de goberno de Carballo adxudicou, nas sesións celebradas este mes, as primeiras catro obras que se financiarán con cargo ao remanente do ano 2019. A posibilidade de que os concellos dispoñan do remanente de tesourería para gastos xerais, grazas á suspensión das regras fiscais para o período 2020-21 por parte do Goberno do Estado, permite ao Concello realizar este primeiro investimento de 3.411.416,10 euros en obras e servizos.

As obras que xa están adxudicadas e que darán comezo nas vindeiras semanas son a accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra. cun orzamento de 216.519,94 euros e adxudicada a Excavaciones y Obras Candal; a rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo), cun coste de 416.971,86 euros e contratada a Vázquez y Reino; a reforma do centro social do barrio da Milagrosa, por 147.317,86 € e adxudicada á empresa Covisam Norte, e a substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo Carballo Calero, cun investimento 255.312,90 euros.

Nestes momentos están en fase de contratación outras catro obras, segundo informa o Concello. Entre elas, a rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa, por 368.311,59 euros, e a segunda fase da reforma do mercado por un orzamento de 101.068,1 euros. Esta última ten pechado o prazo de presentación dende o luns. arca

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito