Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
03:22
h

Carballo aproba o expediente de contratación do programa Concilia para os vindeiros catro anos

O servizo funciona actualmente nos colexios Fogar e Bergantiños de 07.00 horas ata o comezo das clases durante o curso escolar // Poderase implantar en calquera outro centro que conte cun número mínimo de nenos/as

Carballo. O programa Concilia de Carballo cumpriu 14 anos en novembro. Esta iniciativa organizada pola Concellaría de Igualdade e Benestar facilita a conciliación da vida laboral e familiar de centos de nais e pais do alumnado dos centros de infantil primaria. Froito dese compromiso coas familias aprobouse na última Xunta de Goberno Local o expediente de contratación do servizo para os vindeiros catro anos por un importe total de 371.815,08 euros.

O programa Concilia, xestionado dende o Centro de Información á Muller (CIM), funciona dende as 07.00 horas ata o comezo das clases durante todo o curso escolar, incluídos os períodos vacacionais recollidos no calendario académico. As familias interesadas teñen a posibilidade de adaptar o horario ás súas necesidades, e mesmo de incluír o almorzo para o seu fillo/a.

Na actualidade, o servizo funciona nos colexios Fogar e Bergantiños, pero dende a Concellaría de Igualdade e Benestar ofrécese a posibilidade de implantalo en calquera outro centro no que exista un número mínimo de usuarios/as. Este ano, debido á crise sanitaria derivada da COVID, estableceuse por primeira vez un número de prazas limitado e suprimiuse a opción de utilizar o servizo en días soltos, contribuíndo deste xeito a crear grupos estables e reducidos e a minimizar o risco de contacto e, polo tanto, de contaxio.

Á hora de adxudicar o servizo terase en conta tanto a oferta económica coma a programación de actividades ou a preparación técnica e a experiencia do persoal. O contrato realizarase por un ano, prorrogable ata un máximo de catro. O prezo anual será de 88.527,40 euros.

23 dic 2020 / 12:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.