Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo celebra o 150 aniversario do nacemento de San Luís Romero

Carballo. O venres, 9 de setembro, conmemorarán en Carballo o 150 aniversario do nacemento de Xesús San Luís Romero. Farano en dous escenarios: o colexio que leva o seu nome e na rúa da Saúde, onde naceu no ano 1872.

No CEIP Xesús San Luís Romero poderá verse a partir do día 9 unha exposición sobre a vida e a obra do autor, aínda que esta será só a primeira dunha serie de iniciativas que se desenvolverán ao longo do curso escolar para reivindicar unha figura fundamental da literatura galega da época.

Os actos na rúa da Saúde, ao pé da casa onde naceu, comezarán ás 20.00 horas coa actuación da Banda Municipal de Gaitas. De seguido intervirán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o historiador e cronista local Xan Fraga Rodríguez, que fará unha introdución sobre a figura de Xesús San Luís Romero e a súa obra poética e teatral.

No mesmo lugar onde conmemoraron hai catro anos o centenario de O fidalgo, a actriz Alba Bermúdez, de Galeatro, e o actor Toño Casais, de Talía Teatro, dirixidos por Artur Trillo, realizarán unha lectura dramatizada de varias escenas da súa obra máis coñecida e popular.

A celebración do 150 aniversario do autor, aberta a toda a veciñanza, rematará coa música da Banda Municipal de Gaitas.

07 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.