Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo convida a beber auga da billa e a reducir plástico

Fomentarán o seu consumo nos fogares e nos edificios públicos // Darán botellas de vidro

O Concello carballés, coa colaboración de Gestagua, impulsará unha campaña de promoción do consumo da auga da billa en todos os ámbitos. “Queremos decirlle á xente que confíe na auga de Carballo, porque está perfectamente controlada desde o punto de vista sanitario e problemente é unha das mellores da zona”, apuntou Benigno López, xefe de servizo da empresa concesionaria.

Para que sexa aínda mellor, antes dun mes porán en marcha un sistema de tratamento con gas ozono, que permitirá reducir o uso do cloro, o que redundará “nunha mellora do olor e do sabor”, engadiu.

O alcalde carballés, Evencio Ferrero, declárase un fiel consumidor de auga da billa de toda a vida, e asegura que “se seguimos mellorando certos aspectos como o olor e o sabor, estupendo; pero, en calquera caso, sempre foi unha auga de moita calidade”.

A presentación da campaña tivo lugar onte, coincidindo co inicio dalgunhas actividades que se van levar a cabo nas vindeiras semans para intentar chegar a toda a poboación. Escolleron como escenario para o acto a histórica fonte da Praza de Galicia, que foi a primeira traída de auga de Carballo “e queremos convertela no símbolo da calidade da nosa auga”, aseguran dende o Concello. Suliñan ademais que a auga é un ingrediente fundamental da fama do pan local.

A campaña tamén terá un importante contido medioambiental, xa que paralelamente trátase de reducir o uso do plástico, afirman dende o Concello. Nese sentido, e para dar exemplo, nas vindeiras semanas tamén se realizará a instalación de fontes de auga da billa nos edificios públicos e repartirán botellas de vidro ao persoal municipal. A maiores, onte arrancou unha campaña específica para o alumnado de primaria, con actuacións teatrais para incidir na redución do uso do plástico entre os máis novos.

Sexto concello galego que máis investiu en obras ao longo de 2019
Duplicou a cidades como Ferrol e Lugo, e superou a Ourense e Santiago, entre outras

Carballo. Segundo os datos do Ministerio de Hacienda, o Concello de Carballo é o sexto municipio galego que máis recursos destinou a investimentos reais no ano 2019, superando os 6,7 millóns de euros. Unha cifra que o sitúa por riba de cidades coma Ourense (5,1 millóns) ou Santiago de Compostela (6,5 millóns), e duplicou os investimentos doutras coma Ferrol o Lugo, malia que a primeira ten case o dobre de orzamento e a segunda máis do triplo.

No Concello carballés os recursos destinados a investimentos reais supuxeron o ano pasado o 24,38% do orzamento total de gastos.

No top cinco dos concellos máis investidores destaca Vigo, que destinou o 11,88% do seu orzamento a obras e infraestruturas. O segundo foi Pontevedra, seguido de A Coruña, Oleiros e Arteixo, segundo consta no ránking de licitacións de obra pública que elabora a Federación Galega da Construción.

Actualmente, o Concello carballés ten en marcha un proxecto de mellora do ciclo integral da auga, que suporá un investimento global de máis de 2,8 millóns de euros.

Neste mes, o goberno local vén de aprobar as obras de saneamento e abastecemento aos lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda, cos que darán servizo a un total de 32 vivendas e completarán as redes na parroquia de Berdillo. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 27 do presente mes de outubro. M. r. l.

16 oct 2020 / 17:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.