Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo decora as rúas e anticipa o acendido do alumeado de Nadal

O mes de Nadal comezou en Carballo con duras restricións pero coa sociedade involucrada cos sectores máis castigados pola crise provocada pola COVID. Coincidindo coa decisión da Xunta de Galicia de relaxar, aínda que timidamente, as medidas que afectan á

hostalaría, dende o Concello de Carballo queren contribuír á dinamización de dous sectores económicos fundamentais para a economía local, como son o comercio e a hostalaría, anticipando as accións de promoción propias desta época do ano.

Este martes quedaron instaladas na Praza do Concello as primeiras pezas dos elementos decorativos que poderán verse a partir de mañá por distintas rúas. Despois do éxito acadado o ano pasado, volven os renos e o trineo ao Xardín Municipal. Nesta ocasión apostaron por

pezas artesanais elaboradas polo carballés Fabián Lage, e incluíron ademais unha caixa de correos para que os nenos e as nenas poidan depositar as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos. Este ano estará sinalizada, tamén a partir do xoves, unha zona

para fotografía, co obxectivo de evitar contactos cos renos e o trineo, tanto para evitar desperfectos como, sobre todo, dada a situación epidemiolóxica na que nos atopamos, por seguridade sanitaria.

O conxunto que loce xa no xardín complementarase coa colocación dun total de 30 bastóns decorativos nos postes das luminarias. Dende o Concello agradecen a colaboración das empresas Dixardín e Ferroser. A esta última corresponderalle, un día antes da data prevista inicialmente, o acendido do alumeado de Nadal este xoves. Ao longo do día quedarán instalados os elementos decorativos pendentes nas rotondas, e ao anoitecer acenderase o alumeado. Este ano, por seguridade, non se celebrará o tradicional acto público.

02 dic 2020 / 20:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.