Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo estrea hoxe no festival Interplay
a serie ‘Xan’

Carballo. O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay abre ás dez da noite de hoxe en Youtube, Facebook e Twitch a súa primeira edición ‘100 % na túa casa’ coa estrea mundial de Xan, unha comedia millenial cun certo ton surrealista.

A serie gañou o concurso de proxecto da pasada edición e conta coa colaboración de actores e actrices como Irene Lorenzo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Sila Sicilia, Marta Doviro, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Víctor Duplá, Xoán Fórneas, Santi Cuquejo ou Lucía Regueiro,.

As mesmas plataformas acollerán unha hora antes, ás nove, o acto de apertura do 7º Carballo Interplay, no que participarán os membros do xurado oficial ademais dos principais patrocinadores do evento: Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación; Xosé Regueira, concelleiro en Carballo; Pablo Fontenla, presidente da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia; Enrique Lojo, presidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas; e Ana Domínguez, da coordinadora de festivais de Galicia Proxecta. Conducirá a apertura a directora do Carballo Interplay, Sonia Méndez. m. b.

18 nov 2020 / 10:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.