Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo recupera as sesións plenarias presenciais despois de cinco meses

A orde do día inclúe bonificacións de impostos, un asunto de compatibilidade de horarios na actividade musical e unha moción do TeGa

Carballo. A corporación municipal de Carballo volve a reunirse hoxe no salón de sesións da Casa do Concello. Dende o mes de outubro non se celebrara ningún pleno de xeito presencial.

Na sesión plenaria serán tratados os seguintes asuntos: dúas bonificacións de impostos (ICIO, IBI e IAE) do 95% para outras tantas empresas de nova creación no polígono industrial de Bértoa, unha dedicada á fabricación de produtos de panadaría e pastelaría e outra de produtos químicos, que realizarán un investimento total superior a 1 millón de euros.

A maiores, aprobaranse as compatibilidades de dous docentes do Conservatorio Profesional de Música para compaxinar a súa actividade en Carballo e noutros centros de ensino musical.

Por outra banda, será debatida unha moción de TeGa na que solicita a anulación dun acordo adoptado no pleno anterior respecto dunha parcela no lugar da Rega (Bértoa). A moción foi rexeitada na comisión informativa, porque, segundo o comunicado polo alcalde, Evencio Ferrero, “a obriga dos cargos públicos é defender o patrimonio público independentemente das circunstancias de oportunidade que se dean en cada expediente”.

29 mar 2021 / 11:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.