Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo reivindícase como “concello libre de violencias”

Instalará paneis multicolor nas principais vías de acceso ao municipio

Carballo quere ser un concello libre de violencia contra as mulleres pero tamén doutras formas de violencia. Por iso, dentro das actividades programadas pola Concellaría de Igualdade arredor do 8M iniciaron a instalación de grandes paneis multicolor nas principais vías de acceso ao municipio. Os tres primeiros están xa colocados nas estradas de Coristanco, Malpica e Cerceda, e nas vindeiras semanas instalaranse tamén nos accesos dende A Coruña e Santiago.

Os paneis, creados polo deseñador gráfico carballés Oti Fernández, inclúen varios elementos moi simbólicos, coma o arco da vella, o corazón de eu quero a Carballo pero multicolor en vez de vermello e o logotipo do Concello de cor morada. Todo iso xunto co lema Carballo. Concello libre de violencias, “reflicte á perfección non só un desexo, senón tamén un motivo para estender a todo o ano o traballo a prol da igualdade, o respecto, a tolerancia, a solidariedade e a inclusión real”, afirman.

Estes novos elementos da sinalización urbana veñen a sumarse ás accións simbólicas que veñen desenvolvendo ao longo de toda a semana: sinalización das rúas dedicadas a mulleres con placas de cor violeta, creando deste xeito unha nova ruta urbana; iluminación nocturna da Casa do Concello coa mesma cor dende o domingo 7 ata o domingo 14 de marzo; instalación de colectores para vidro dedicados a mulleres que fixeron historia ou a concentración telemática que celebraron o luns a través da plataforma www.carballoenrede.com.

12 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.