Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo reparte revistas de pasatempos en galego

CARBALLO. Carballo é un concello pioneiro ao editar unha revista de pasatempos e lecer en galego. Unha publicación con xogos de palabras, sopas de letras, numéricos e lóxica. Aparte da cuestión idiomática, a revista homenaxea a unha ave emblemática e ao mesmo tempo ameazada que habita no litoral carballés, a píllara das dunas. A iniciativa corresponde ao propio concello é á Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Segundo sinala. Patricia Varela, presidenta desta entidade, o protagonismo da píllara é compartido: “Centrámonos na figura da píllara, pero tamén buscamos información sobre a historia de Carballo, sobre as distintas parroquias. A confección dos pasatempos foi cousa de Xoán Costa. “Gústanos ser pioneiros, pero non ser os únicos”, comentou Evencio Ferrero, animando a outras administracións a sumarse a iniciativas “que contribúen a preservar o idioma do mesmo xeito que traballamos por conservar unha especie en extinción como é a píllara”. A concelleira de Normalización Linguística, Maruxa Suárez, dixo que a publicación inclúe códigos QR para escoitar o asubío das aves ou a música de grupos locais. Poden obterse exemplares na bibliopraia de Razo, nos postos de salvamento de Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal, nas bibliotecas e na oficina turística do Museo de Bergantiños. X.M.L.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.