Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carballo segue crececendo en poboación a pequenos pasos

As últimas cifras do INE indican un total de 31.429 habitantes // A veciñanza do Concello aumentou en 3.158 persoas nos últimos vinte anos, dos que só 280 corresponden ao período 2010-2020

Carballo. O municipio de Carballo continúa crecendo ano tras ano. O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar que o número de habitantes a 1 de xaneiro do ano 2020 se sitúa nos 31.429, o que supón un aumento de 80 veciños e veciñas con respecto á mesma data do ano anterior. Carballo é recoñecido como un dos únicos concellos da Costa da Morte que medra cada ano. Sen embargo, apréciase unha evolución desigual nas dúas décadas. Mentras que entre os anos 2000 e 2010 se sumaron 2.878 habitantes, entre o 2010 e o 2020 foron só 280, cantidades que sumadas dan un incremento de 3.158 persoas.

Un dos datos destacados publicados polo INE é o feito de que, por primeira vez, no ano 2020 superáronse oficialmente os 20.000 habitantes na parroquia de San Xoán Bautista. En concreto, os datos oficiais sinalan que na zona urbana hai 20.075 veciños e veciñas, fronte aos 19.909 do 2019. Esta non é a única parroquia carballesa que medra en poboación. Tamén o fan as de Artes (5 habitantes máis que no 2019), Cances (+6), Entrecruces (+2), Goiáns (+8) e Razo (+3). Berdillo mantense exactamente igual e as demais perden máis ou menos habitantes. Algúns exemplos destas son: Oza (-16), Sísamo (-12) ou Ardaña (-21).

A capital, Carballo, pasou dos 19.909 habitantes aos 20.045 (+166). Por outra banda, a parroquia rural con máis veciños e veciñas é a de Bértoa, con 1.558, e tamén superan o millar as de Sofán, con 1.426, e Berdillo, con 1.003. A de Rus ten 1.000 xustos. No outro extremo está Aldemunde, a parroquia menos poboada e a única que non chega a 100 habitantes, en concreto ten 84.

08 feb 2021 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.