Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo vai conmemorar o Día do Peón cunha andaina dunha hora

Partirá o 17 de agosto ás sete e media da tarde
e o percorrido é apto para todas as idades

Carballo. Un ano máis, a concellería de Mobilidade de Carballo convida a toda a cidadanía a camiñar o 17 de agosto, porque ó seu xuízo non hai mellor maneira de celebrar o Día Mundial do Peón que tomando as rúas cos medios de locomoción máis antigos, sans e sostibles: os nosos pés.

Pero se ademais de saír andar como tanta xente fai a diario, se quere facer dun xeito organizado, non hai máis que anotarse para participar na ruta que se realizará polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo.

O punto de encontro será o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde os participantes serán recibidos cun agasallo moi práctico para os seus paseos cotiáns. Ás 19.30 empezará a andaina cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades.

Para tomar parte nesta actividade é preciso inscribirse de xeito presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou tamén de maneira telemática.

O Día do Peón naceu co argumento da seguridade viaria. O 17 de agosto de 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche no que se pode considerar o primeiro sinistro viario do que se ten noticia. Polo tanto, a loita contra a violencia viaria debe ser o motivo principal deste día.

Búscase visibilizar un xeito eficiente de loitar pola seguridade das persoas e a transformación das cidades en espazos máis amables e libres dun excesivo número de riscos. Ese é o gran obxectivo do Concello de Carballo. m. b.

10 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.