Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro novos camións para o servizo de recollida do lixo de Carballo

Tres deles son biocompartimentados e cumpren coa directiva europea de bio-residuos // Están decorados con imaxes de espazos naturais do municipio

Representantes e persoal do Concello de Carballo e da empresa concesionaria do servizo de recollida e xestión dos residuos sólidos, Urbaser UTE Carballo, presentaron hoxe catro novos vehículos, tres deles con dous compartimentos separados, que permitirán realizar nunha soa ruta a recollida de dous tipos de residuos diferentes e que ademais axústanse ás novas directrices relativas á recollida de residuos orgánicos, co conseguinte aforro económico e medioambiental, tal como explicou Luis Torre, delegado da empresa concesionaria.

Estes vehículos tamén se converterán nun reclamo para animar á cidadanía a apostar cada vez máis por prácticas medioambientalmente sostibles, grazas ás cales o concello pode presumir de espazos naturais e paisaxísticos como os que decoran os novos camións. O lema que se pode ver en todos eles é Carballo é así grazas a ti, porque, como explicou o alcalde, Evencio Ferrero, “todas e todos temos que comprometernos co medio ambiente”. Catro fotógrafos, todos eles carballeses ou vinculados ao concello, achegaron as imaxes: Antonio Fernández, Fernando Nieto, Oti Fernández e Alberte Sánchez.

Carballo conseguiu situarse o ano pasado entre as 10 cidades europeas de 20.000 a 100.000 habitantes co mellores prácticas ambientais, un maior compromiso co crecemento verde e unha maior promoción da concienciación cidadá en temas medioambientais. Entre todos os parámetros analizados, a área mellor valorada polos expertos europeos foi a de residuos e economía circular, especialmente pola recollida selectiva nas diferentes fraccións, o plan de compostaxe e as accións de sensibilización cidadá encamiñadas a conseguir que os espazos públicos estean libres de residuos.

Nesta liña, e como reflexo dun compromiso medioambiental ligado á Estratexia Carballo 2030, dende o Concello seguen investindo en políticas medioambientais que priman a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, pero tamén modernizando os medios materiais que permiten materializar esas políticas. “Carballo, sorprendentemente, somos dos poucos concellos galegos que xa estamos implantando a recollida de bio-residuos para cumprir a directiva que obriga aos concellos de máis de 20.000 habitantes a implantar esa recollida selectiva o ano que vén, e que establece para o ano 2030 un 50%, un ambicioso obxectivo do que aínda estamos moi lonxe pero que canto antes empecemos antes poderemos acadalo”, sinalou Evencio Ferrero.

16 abr 2021 / 19:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.