Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
01:00
h

Catro ofertas para realizar a remodelación do parque de San Martiño de Carballo

Construiranse motas de protección fronte ás avenidas do río Anllóns

Carballo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 4 ofertas para executar as obras de remodelación do parque de San Martiño de Carballo. Esta intervención, licitada pola Xunta por máis de 336.000 €, están incluídas no Plan de xestión do risco de inundacións do río Anllóns.

O obxectivo deste traballo é a construción de motas de protección fronte ás avenidas na contorna do parque San Martiño. Realizaranse actuacións en tres zonas diferenciadas: a primeira, augas abaixo da ponte de Cálea Sol; a segunda no propio parque de San Martiño, bordeando a rúa San Ramón e terminando na ponte da rúa Iglesia; e a terceira, entre o parque de San Martiño -ponte da rúa Iglesia- e a ponte Aforo.

A intervención enmárcase na colaboración asinada polo departamento que preside Ethel Vázquez e o Concello de Carballo, que prevé un investimento autonómico global de 3 millóns de euros. Este acordo establece que a Administración local debe pór á disposición os terreos e a Xunta, ademais da identificación das actuacións necesarias, elabora os anteproxectos, os proxectos construtivos e executa as obras.

No citado convenio inclúense diferentes actuacións, estando analizando a entidade hidráulica da Xunta as 5 ofertas recibidas de empresas para a execución das obras licitadas para executar as obras do ‘by-pass’ no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, que suporán un investimento de máis de 282.000 euros.

As outras actuacións correspóndense cos proxectos de demolición dunha edificación, remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a remodelación da ponte da rúa Fomento, con motas de contención augas abaixo; e a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a autoestrada AG-55 e a estrada AC-552, no lugar da Cepeira, en Sísamo.

A Xunta segue traballando para continuar coa contratación de todos estes proxectos construtivos e das obras, que deben estar completamente rematadas en 2023.

23 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.