Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O obxectivo final é contribuír a mellorar e dinamizar as vendas no municipio // Para os 102 negocios adscritos a este formato promóvense interesantes campañas promocionais e búscase actuar con uniformidade

CCA de Carballo, un incentivo para o comercio local

Os CCA (Centros Comerciais Abertos) preséntanse como un formato comercial que pretenden contribuír á modernización dos espazos comerciais locais de cada pobo e cidade galega. Un deles atópase no municipio de Carballo, sendo un dos primeiros que se puxo en marcha.

O seu principal obxectivo é dar cabida a unha dinamización nova nas rúas. “Trátase de buscar que o pequeno comercio conte cunha serie de infraestructuras e de axudas para levar a cabo proxectos de todo ámbito como poden ser os promocionais”, explica Ricardo Pallas Osinde, presidente do Centro Comercial Aberto de Carballo e responsable de Deportes San Remo.

Como se ven demostrado, nos últimos anos cobrou forza o comercio electrónico en toda a Comunidade. Ademais a proliferación de grandes áreas na cidade da Coruña foi outro aspecto negativo para os comerciantes carballeses. “A pesar de todo a calidade e a unión do comercio de Carballo aguantou bastante ben todo os envites en comparación con outras zonas que se viron moito máis afectadas”, considera Ricardo Pallas. Ante isto, o comercio de Carballo subriu unha positiva tranformación coa incorporación de novos vendedores.

CAMPAÑAS PROMOCIONAIS E CONVENIOS CON EMPRESAS. Os establecementos interesados en adscribirse a este formato deben contactar directamente co CCA a través dunha breve ficha de inscrición e automaticamente pasan a ser socios. Hoxe en día son un total de 102 comercios de todos os sectores e algúns servizos. Todos eles obterán a corto prazo unha serie de beneficios tras unhas intensas campañas promocionais. “Dende que estamos na directiva seguimos nesa liña de ofrecer ferramentas de promoción a todos os comerciantes e para iso facemos campañas e múltiples eventos”, conta. Na actualidade están incidindo no tema de firmar convenios para poder ofrecerlle aos socios vantaxes que por si só non poderían dispoñer. No último mes firmaron un acordo coa empresa Plaguiber de desinfección e outro convenio coa empresa Nordata para o relacionado coa protección de datos. Tamén está en trámite o lanzamento dun acordo con paquetaría para os envíos. Outro dos propósitos é atopar políticas conxuntas para intentar que o comercio CCA sexa cada vez máis uniforme. “Como exemplo, co tema da seguridade polo covid mandamos protocolos para funcionar todos dun xeito similar”, di.

A actividade que cobra máis forza das que organizan cada ano é a Feira de Oportunidades tanto por volumen de asistencia como de venda, sendo referente en toda Galicia. A situación marcada pola crise sanitaria fai que todo estea en pausa, aínda que xa se está pensando na campaña do Nadal. “Levamos traballando un par de anos para que a curto prazo sexa unha das actividades con máis presuposto dentro do CCA Carballo”, destaca.

Os comercios e servizos adscritos ao CCA de Carballo están a mellorar as súas vendas, en calidade e cantidade. “A idea desta directiva é seguir traballando para que calquera actividade se vexa na rúa, no consumidor e nos comerciantes”, sostén.

03 nov 2020 / 10:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.