Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
PONTECESO. Carmen Perujo, a oleira sevillana máis veterana e internacional, doou a peza ‘Campanera’ ao MACCMO // Mariña Regueiro impartiu un novo curso de palillo intensivo // Presentou tamén o libro ‘Poemas e haikus’ TEXTO Manuel Lavandeira

Cerámica e encaixe exclusivos no Museo de Arte de Corme

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO), ubicado en Corme (Ponteceso), conta cunha nova obra logo de recibir a doazón dunha creación da ceramista española Carmen Perujo. Trátase dunha peza única, do ano 1991, bautizada como Campanera, pertence á serie Palomas.

Carmen Perujo é a oleira máis veterana e internacional en activo na actualidade. A artista, de 91 anos, naceu en Sevilla e ademais de expor as súas obras por toda España, tamén o fixo en Stuttgart, Munich, Frankfurt, Florencia, Faenza, Basilea, Montreal, Nova Iorque, Óbidos, Clamart-Paris, Oldemburgo, Düsseldorf así como nas edicións da Feira Internacional de Arte Contemporáneo Arco, de Madrid, nos anos 1987 e 1988.

Dende 1968 ata 1990, Perujo centrou o seu traballo de investigación no torno, partindo de formas populares andaluzas que a levaron ao tema da pomba como símbolo, como significado dunha linguaxe de comunicación. Sara, a filla da artista, foi quen fixo a entrega da peza.

A actividade no Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte durante este verán está sendo moi intensa, e a pasada semana a artesán do palillo Mariña Regueiro González-Barros, volveu ofrecer este ano un novo curso intensivo de encaixe de bolillos na vila cormelán. Foi pioneira da ensinanza intensiva de encaixe en España e abriu a súa primeira escola en Corme en 1982.

Os asistentes ao curso de encaixe de bolillos tiveron a oportunidade de mergullarse nesta arte e puideron coñecer de primeira man as súas principais técnicas.

Ademais, Mariña Regueiro aproveitou a súa presenza no MACCMO para presentar o libro Poemas e haikus, do que é coautora xunto con Rocío Utray.

Paralelamente, o museo pontecesán acolleu unha mostra de encaixe contemporáneo, pero dun xeito especial: as creacións de bolillo foron expostas en troncos e ramas que foron recollidas pola artista Rocío Utraya, logo do paso do temporal de neve Filomena que o pasado xaneiro de 2021 afectara á capital de España. A propia mostra tomou o nome do temporal.

Quenes desexen achegarse a Corme e visitar o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte poden facelo aproveitando o horario de verán (ata o 12 de setembro), de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00.

CAMIÑADAS. O Concello de Ponteceso tamén convida a desfrutar doutra visión do seu territorio sumándose ao programa Camiñar na noite, que percorre as distintas parroquias durante o verán. Na pasada fin de semana os sendeiristas completaron unha ruta por Brantuas e Niñóns. Ao igual que nos percorridos anteriores a iniciativa tivo unha moi boa acollida entre os veciños e visitantes.

A seguinte andaina será o vindeiro venres, día 27 de agosto ás 22.00 horas. Os camiñantes percorrerán A Bugalleira e sairán da praza do pobo. Debido as restricións sanitarias, o número de prazas é limitado, polo que é preciso anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de 09.00 a 14.00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso. As persoas interesadas poden obter máis información contactando coa Área de Turismo a través dos números de teléfono 981 714 000 e 881 984 470 ou ben por correo electrónico no enderezo turismoponteceso@ponteceso.net.

Una mar de propostas coas que o Concello pontecesán pretende animar o verán a veciños e visitantes.

24 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.