Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cogami asume a xestión do punto limpo e dos voluminosos na Laracha

O servizo complementarase coa recollida de aceites domésticos

Nun acto desenvolvido nas propias instalacións do punto limpo da Laracha, este xoves formalizouse a entrega das instalacións e dos seus equipamentos complementarios por parte da anterior concesionaria –Aspaber- á empresa que se encargará da xestión a partir do luns da próxima semana –Cogami-.

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor desenvolvido por Aspaber desde 2013, apuntando que nestes oito anos “demos un impulso ao punto limpo e incorporamos novos servizos como a recollida domiciliaria de voluminosos”. A continuación, o rexedor deu a benvida aos representantes de Cogami, a nova xestora, lembrando que, ademais dos mesmos servizos que se viñan prestando con anterioridade, tamén se encargará da recollida de aceites domésticos, incluída por primeira vez no contrato e para o que será precisa a instalación de contedores nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

López Varela tamén recordou que o Concello volveu apostar por dirixir a licitación destes servizos exclusivamente a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de persoas con diversidade funcional.

Con motivo da posta a punto das instalacións, nesta semana o punto limpo permanece pechado ao público. A partir do luns (19 de xullo) reabrirá xa baixo a xestión de Cogami no mesmo horario co que viña funcionando nos últimos anos: luns de 15.000 a 20.00, mércores e venres de 16.00 a 20.00 e sábados de 9.00 a 14.00 horas. A recollida de voluminosos tamén volverá estar operativa desde o luns. O novo teléfono gratuíto para solicitar o servizo é o 900 701 120.

15 jul 2021 / 20:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.