Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comenzan os traballos da nova senda de Xornes á igrexa de San Xoán

A Xunta vén de iniciar as obras de execución da senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán, en Ponteceso, que suporán un investimento autonómico de 446.000 euros. Os traballos céntrase na construción dun novo itinerario de uso compartido peonil e ciclista pola marxe dereita da AC-421, que permitirá desprazamentos máis cómodos e seguros. Esta senda enlazará coa xa executada en Xornes-Buño-Canta la Rana, que supuxo un investimento de arredor de 535.000 euros.

O novo itinerarios entre Xornes e a igrexa de San Xoán acadará os 1,3 km de lonxitude e terá 2 metros de ancho, salvo en casos puntuais onde o ancho será maior, xa que se unirá coa aliñación das parcelas para evitar que queden franxas baleiras no trazado.

Completaranse os traballos coa execución da drenaxe e das canalizacións para alumeado público e telecomunicacións. As obras contan cun prazo de execución de 5 meses, polo que o obxectivo é rematalas este mesmo ano. A Xunta financia esta actuación con fondos do eixe React-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. Esta actuación do departamento que dirixe Ethel Vázquez, busca mellorar a seguridade dos peóns nesta contorna e fomentar os desprazamentos a pé dos veciños, dispoñendo tamén de mobiliario urbano, un banco que facilite o seu repouso.

A intervención completarase con outra nova senda no Couto, que se habilitará por ambas as marxes da estrada autonómica que vai a Corme, a AC-424. Será un itinerario de aproximadamente medio quilómetro de lonxitude que dará continuidade ao existente. Contará cun investimento autonómico de arredor de 320.000 €.

Deste xeito, a Xunta inviste 1,3 M € no concello de Ponteceso, en 3 sendas peonís para que os veciños poidan facer os seus desprazamentos a pé de xeito máis cómodo e seguro. Tamén segue avanzando para dotar a comarca de Bergantiños de novas sendas peonís, como a de Soesto e Serantes, no concello de Laxe, ou a que conectará o centro comercial de Coristanco, favorecendo a mobilidade e a seguridade viaria dos veciños.

25 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.