Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comeza este venres a XVI Mostra de Teatro en Malpica

A función “Bernarda” iniciará a programación do Ciclo de Sala e o Ciclo de Ruada que se estenderá durante o mes de novembro e decembro en diferentes puntos do Concello // O aforo será limitado ao 50% da capacidade de cada espazo

Malpica. O Concello de Malpica, a iniciativa da concellaría de Cultura, presentou esta mañá a XVI Mostra de Teatro e dará comezo este mesmo venres, 30 de outubro, coa función ‘Bernarda’, de Malasombra Producións ás 20:30 horas no Centro Cívico.

A programación estará marcada polo protocolo hixiénico- sanitario, e ‘as sesións’, engaden desde o goberno local, ‘estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse’, sinalan. Para acudir, poderanse reservar os asentos no teléfono do departamento de Cultura, no 981 707 104.

As funcións estenderanse ata o 11 de decembro, no Centro Cívico, na Escola das Pozacas de Cerqueda, no Centro Social de Barizo, no Mercado de Abastos e no Antigo Centro Comarcal de Buño. Todos os escenarios contarán cun aforo limitado ao 50 por cento da súa capacidade.

A programación contempla un amplo abano de posibilidades, e dará comezo este mesmo venres, como xa comentabamos con anterioridade, na primeira das funcións do Ciclo de Sala. Terá continuidade o venres 6 de novembro, tamén ás 20:30 horas no Centro Cívico con ‘MedidaXMedida’, de P.T. Excéntricas. O venres 13 de novembro, con escenario novamente o Centro Cívico e ás 20:30 horas, Talía Teatro executará ‘Lambetadas’. ‘Tabú’, de Tarabela Creativa chegará o venres 20 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cívico. O venres 27, novamente ás 20:30 horas no Centro Cívico, as persoas poderán contemplar a execución de ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia. O domingo 29 de novembro, ás 19:00 horas da tarde, Contraproducións levará novamente ao auditorio do Cívico ‘A compañeira de piso’. O venres 4 de decembro, ás 20:30 horas, Galeatro executará ‘Carabela’ e como función que finiquita esta Mostra, o venres 11 de decembro ás 20:30 horas, Carlos Blanco fará as delicias das espectadoras e espectadores con ‘Quen dixo medo?’.

CICLO RUADA. Constará de catro funcións, a destacar ‘O lobo bobo’ de Elefante Elegante, que será o domingo 15 de novembro ás 17:00 horas na Escola das Pozacas de Cerqueda; ‘Utopías’ de Xarope Tulú o domingo 22 de novembro ás 17:00 horas no Centro Social de Barizo; ‘Contos no Mercado’, o domingo 6 de decembro ás 12:00 horas no Mercado de Abastos; e como colofón final a este ciclo: ‘O camiño da lingua’, de Galeatro no Antigo Centro Comarcal de Buño o domingo 6 de decembro ás 17:00 horas.

27 oct 2020 / 15:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.