Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezan as obras do Skatepark da Laracha

As obras de construción do parque de patinaxe Skatepark xa están en marcha, como puideron comprobar o alcalde, José Manuel López, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello. Este ambicioso e novidoso proxecto, no que o Concello investirá 155.000 euros procedentes integramente de fondos propios, promóvese coa finalidade de ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente para o público adolescente e xuvenil.

O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED, polo que o proxecto contempla as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga de choiva na pista.

O lugar escollido para habilitar este novo equipamento de titularidade municipal e de uso libre é na parte posterior do IES Agra de Leborís, onde o Concello está a crear una nova área deportiva de referencia na capital municipal, xa que a carón do que será o futuro parque de patinaxe tamén foron creadas recentemente dúas pistas polideportivas.

09 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.