Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Múltiples cursos e proxectos reúnen cada ano a centos de carballeses e carballesas no seu centro social// A figura central é Xosé Pumar Gondar, párroco do lugar dende o ano 1972 // Apostan polas novas tecnoloxías nestes meses marcados pola COVID

Compromiso da parroquia San Xoán Bautista cos máis necesitados

José García Gondar, nacido no municipio pontevedrés de A Estrada no 1942, leva xa 48 anos exercendo como párroco de Carballo. Durante este tempo implicouse diariamente na súa labor pastoral e, a maiores, impulsou entidades, actividades e servizos sociais de diversa índole. Dirixe a parroquia de San Xoán Bautista de Carballo, unha das máis grandes da diócese e de Galicia con preto de 20.000 feligreses teóricos na propia localidade aos que hai que sumar as nove parroquias limítrofes integradas na mesma unidade pastoral. Hoxe en día recibe a axuda do veterano párroco, Xosé Pumar Gándara.

“A obra social da parroquia é importante. Estamos moi comprometidos coa atención aos máis necesitados”, relata José García. Coa colaboración de Cáritas de Bergantiños organizan cada ano unha serie de programas de promoción humana, cultural e formativa. Todo isto promóvese dende o centro social, que está vinculado á parroquia pero con actividade propia.

No referente á infancia destaca a oferta de apoio escolar e educativo a alumnos con dificultades de adaptación á ensinanza. Para evitar o fracaso escolar realízase un seguimento de xeito personalizado no que hai unha comunicación constante coa familia.

Por outra parte hai unha serie de cursos que axudan á integración socio-laboral da mocidade e persoas adultas en risco de exclusión social, o cal é financiado por Cáritas de Bergantiños.

Outros cursos formativos son os subvencionados pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, no que cada ano participan un número destacado de carballeses/as: o Curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Curso de Axudante de Cociña Profesional, Curso de Corte e confección-maquinista industrial e o Curso de Axudante de Pastelería profesional.

A maiores tamén se organizan periodicamente excursións que teñen o obxectivo de coñecer Galicia e visitar os santuarios máis populares.

BAIXO MÍNIMOS TRAS A PANDEMIA. Anos atrás, unhas 200 persoas estaban inscritas nos diferentes cursos. Agora, a situación provocada polo COVID fai que o centro social estea a funcionar baixo mínimos. Gondar espera que para comezos do 2021 se poidan ofertar máis cursos e que volva a recuperarse a alta participación nos proxectos. “Non pode haber cursos, apoio educativo, comedor social, centro de maiores...”, conta o párroco. No que se estivo centrando a actividade estas últimas semanas foi no reparto de alimentos a preto de 300 familias.

A parroquia apostou fai tempo polas novas tecnoloxías. Para atender aos máis leais creouse unha “parroquia virtual” dende a cal se pode acceder a recursos, cursos formativos e oracións. Diariamente vanse publicando novos contidos para non perder o contacto mentras a situación non permita a actividade presencial.

A maiores, cada semana cerca de 500 persoas están a recibir por WhatsApp a revista parroquial A Xanela que leva por lema “Esta é a túa casa, aquí tes as chaves.... Entra!”.

Co paso dos anos foise implicando cada vez máis xente na parroquia carballesa San Xoán Bautista. “Seguimos programando e cubrindo as necesidades básicas da sociedade”, ese é obxectivo.

29 nov 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.