Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conclúe o curso de Conservación de especies ameazas de Galicia cunha visita a Baldaio

Os participantes observaron exemplares da píllara das dunas e especies vexetais típicas do litoral carballés

Carballo. O curso de “Conservación de especies ameazadas de Galicia” finalizou onte cunha visita a Baldaio guiada polos biólogos da USC María Vidal Malde, experta en ornitoloxía, e Rodrigo Carballal Vilaverde, experto en botánica. Na formación, facilitada pola Deputación da Coruña, participou persoal técnico da área de Medio Ambiente do Concello de Carballo.

Os participantes armados de prismáticos e telescopio, realizaron un estudo da fauna e da flora do espazo natural de Baldaio. Durante a visita observaron a varios exemplares da píllara das dunas no seu hábitat e coñeceron especies vexetais únicas coma a omphalodes litoralis, que ten no litoral carballés un dos seus principais refuxios mentres está a desaparecer noutros moitos lugares de Galicia.

A saída de campo puxo fin a un programa que incluíu 18 horas de formarción online a través da aula virtual do Campus Deputación da Coruña, grazas á colaboración do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela.

30 abr 2021 / 11:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.